xoves, 15 de febreiro de 2024

MURAL FINAL

 Rematamos o noso traballo co cómic "Baroña ou morte" realizando un mural final no que recompilamos as diferentes tarefas feitas ao longo deste primeiro trimestre. 

Tras varias sesións de labor, por fin podemos mostrarvos o resultado final. 


mércores, 18 de outubro de 2023

Papalibros 2023-24

O club de lectura "Papalibros" comeza unha nova andadura este curso escolar 2023/24.



Compoñen o club de lectura 11 alumnos(as) de 5º e 6º E.P.

martes, 17 de outubro de 2023

Inscripción Club de lectura "Papalibros" 2023-24

Despois dunha sesión formativa realizada o martes 17 de outubro, sobre o club de lectura "Papalibros" ( 5º e 6º E.P.), pasóuselles unha folla de inscripción. Anotáronse en total 11 alumnos/as: 8 de 5º E.P. e 3 de 6º E.P.

Este é o resultado:

martes, 20 de xuño de 2023

De celebración...

Aquí estamos os do club de lectura "Papalibros" celebrando o remate do libro deste terceiro trimestre "A praia da esperanza" de Agustín Fernández Paz. 


GRUPOS DE 5º E.P.

xoves, 1 de xuño de 2023

Que ben se está cando se está ben...

Agora que chega o bo tempo, os do club de lectura decidimos compartir as lecturas ao aire libre...que ben se está cando se está ben!

5º GRUPO 1

5º GRUPO 2
Esta semana o grupo de 6º E.P. non se reuniu porque van de excursión.

xoves, 25 de maio de 2023

Avanzando na lectura...

Aquí estamos na semana do 22 ao 26 de maio, avanzando e compartindo a lectura "A praia da esperanza" de Agustín Fernández Paz. 

GRUPOS DE 5º E.P.




venres, 19 de maio de 2023

Nova lectura...

Aquí estamos, na segunda e terceira semana de maio, iniciando a última lectura deste curso escolar "A praia da esperanza" de Agustín Fernández Paz

Grupos 5º E.P.

6º E.P.