mércores, 22 de novembro de 2017

Novo club de lectura

Xa temos novo club de lectura de 5º e 6º!


Compoñen o novo club de lectura 11 alumnos de 5º e 7 de 6º, o que fai un total de 18. 
Faremos a primeira xuntanza o mércores, 29 de novembro, na biblioteca na hora de ler. 
Nesta primeira reunión, María José, a coordinadora, explicará que é un club de lectura ( reunión de persoas que len ao mesmo tempo un libro e que se reunen unha vez á semana para comentar e dar as opinións sobre os textos lidos). 
Escolleremos o libro co que empezaremos a traballar e decidiremos o nome do club.
Todos os mércores reunirémonos na biblioteca na hora de ler  para comentar o lido por todos os compoñentes do club e para realizar as actividades que se acorden.

Ningún comentario:

Publicar un comentario